miércoles, mayo 25, 2016

CONGRESO LOCAL DO PP DE A GUDIÑA

José María Lago Cabo é o novo presidente da xunta local do PP na Gudiña, elixido cos votos a favor do cen por cen dos compromisarios asistentes ao congreso local celebrado o luns. Lago Cabo ocupa a alcaldía deste concello desde o pasado mes de febreiro.
En clave política, o novo presidente da xunta local sinalou que o seu obxectivo non só será consolidar, senón tamén aumentar a porcentaxe de apoio ao PP alcanzado no concello nas últimas eleccións e que estivo preto do 53 %. “Imos contribuír á maioría absoluta do PP nas próximas xerais e por suposto tamén na autonómicas”, afirmou José María Lago, engadindo que para elo “teño a intención de incrementar a participación dos afiliados e todos xuntos dinamizar o partido”.
No tocante ao concello, A Gudiña ten que se converter, segundo Lago Cabo, “nun punto de referencia para as comunicacións en Galicia, como porta de entrada á nosa comunidade tanto por estrada como por ferrocarril, e por iso compre tamén conseguir unha boa estación para o AVE”. Esta condición, subliña, “ten que redundar na actividade económica do municipio, o que nos axudará a ofrecer máis oportunidades e mellores servizos aos veciños”.

José María Lago, que agradeceu o apoio recibido no congreso, rematou cunhas emotivas palabras en recordo do seu pai, Guillermo Lago, falecido en xaneiro, asegurando que “continuarei coa súa tarefa e a súa visión de desenvolvemento da Gudiña”.
Manuel Baltar, tamén se sumou á homenaxe a Guillermo Lago, afirmando que foi “un dos grandes activos do PP ourensán, que tiña algo moi difícil en política, como é o apoio maioritario en cada elección dos seus veciños”.
Manuel Baltar, non obstante, salientou que agora toca mirar cara adiante “e ilusionar aos militantes para que, co voso apoio, consolidemos ao Partido Popular como a forza política máis importante en Ourense, en Galicia e  España”. Hoxe, engadiu, “estamos a dar un novo paso con este congreso, o número 78 dos celebrados na provincia, e que demostra o dinamismo da nosa formación, que non ten ningún outro partido político”.
O novo presidente da xunta local popular, dixo, “ten un gran reto no solo político, senón tamén dende o goberno municipal, labor para o que terá todo o apoio dunha institución, a Deputación, que ten unha clara vocación de servizo aos nosos concellos, baixo os criterios de calidade, eficacia e eficiencia”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Otro que hereda el puesto de papá. Hay cosas que nunca cambiarán en Orense.