miércoles, mayo 11, 2016

CONGRESO E XANTAR POPULAR

Antes, desde as 10:30 horas do domingo 15 de maio afiliados e simpatizantes do PP da Mariña lucense poderán acreditarse para participar nun Congreso que comezará ás 11:00 horas co saúda do presidente anfitrión, Antonio Bouza e despois a lectura de dous manifestos centrados no presente e futuro da Mariña. O comité de organización está presidido polo cervense Antonio Basanta, acompañado de Belinda Bermúdez (Viveiro), Maite López Rego (Foz), Alba Rodil (Ribadeo), Rubén Méndez (Lourenzá) e Aitor López (Burela).
Ás 11:35 horas presentarase a Candidatura ao novo Comité Executivo, encabezada por Manuel Balseiro, e despois, ás 12:00 horas, terán lugar as votacións e o posterior escrutinio. Finalmente, desde as 12:30 horas procederase aos discursos de peche do Congreso.
De seguido, xa na explanada do pavillón polideportivo municipal terá lugar o I Xantar Popular do PP da Mariña. Un xantar de confraternidade ao que están chamados simpatizantes e afiliados populares de toda A Mariña servirá como evento de peche do Congreso comarcaL.
A tal efecto se emprazará unha carpa na explanada contigua ao pavillón municipal de Deportes de Viveiro, xunto aos institutos e ao cámping.
Todas as agrupacións locais da Mariña xa teñen dispoñibles as tarxetas, a prezo de 25 euros, para participar neste ágape que espera reunir en a un bo número de veciños da Mariña e á vez converterse nunha evento periódico e itinerante polos distintos concellos da comarca.

No hay comentarios: