lunes, mayo 02, 2016

CASTRO BLANCO PRESIDENTE DO PP DE OS BLANCOS

O congreso do PP de Os Blancos elixiu a José Manuel Castro Blanco como novo presidente da xunta local do partido neste concello, co apoio do cen por cen dos compromisarios asistentes.
Castro Blanco salientou no seu discurso a súa satisfacción por contar co apoio dun partido “organizado, de confianza, que defende o rural e onde o traballo é a súa seña de identidade”, agradecendo dun xeito especial a Manuel Baltar, a confianza depositada na súa xestión. “Imos traballar para apoiar á provincia e o proxecto de ourensanía, sen facer localismos pechados”, engadiu.
José Manuel Castro, como alcalde de Os Blancos, comprometeuse a facer “unha aposta de presente e futuro para mellorar o benestar dos veciños”, citando proxectos como a residencia da terceira idade, programas para fomentar o emprego, a natalidade e potenciar o patrimonio etnográfico e ecolóxico do municipio.

No hay comentarios: