sábado, mayo 07, 2016

CARGA DE TRABALLO PARA 3000 TRABALLADORES

Feijóo tras unha reunión co presidente de Navantia, José Manuel Revuelta, que a adxudicación a Navantia Ferrol do contrato para a construción de dous BAC supón “un cambio radical da situación dos estaleiros na ría; un futuro despexado para os estaleiros e, en definitiva, para as familias galegas que traballan no sector”.
Nesta liña, precisou que este contrato supón un volume de investimento de 500 millóns de euros, unha carga de traballo con picos de ata 3.000 traballadores; e tres millóns de horas de ocupación, que se traducen en catro anos de traballo para Ferrol.
Logo de asegurar que estas cifras aínda poden crecer máis se se confirman os contratos de mantemento posteriores á fabricación, Feijóo precisou que, neste momento, a carteira de pedidos de Navantia en Ferrol están en preto de 600 millóns de euros “que, unidos a estes 500 millóns supón que, por fin, se conseguiron contratos en vigor por máis de 1.000 millóns de euros”. “É dicir, 1.000 millóns de euros que imos entregar de forma inmediata este mesmo ano e que inclúen o flotel de Pemex, o Buque de Acción Marítima, os proxectos de eólica offshore Wikinger e Hywind, e parte dos catro petroleiros de Ondimar”, salientou, engadindo que o estaleiro está tamén esperando a decisión das autoridades de Arabia Saudita, así como a evolución doutros proxectos.

No hay comentarios: