lunes, mayo 23, 2016

CAMPAÑA CON MENOS MOQUETA E MAIS BEIRARRUAS

O secretario do PPdeG e director de campaña para as vindeiras eleccións xerais, Miguel Tellado, asegurou que o PPdeG fará unha campaña que aposte por maiores fórmulas de participación, facendo menos mítines, con máis presenza na rúa, máis conversa cos veciños, e con menos moqueta e máis beirarrúas.
Tras presidir o primeiro Comité de Campaña do PPdeG para os próximos comicios nacionais, o dirixente admitiu que xa teñen en marcha toda a maquinaria electoral do partido nas catro provincias para permitirlles sacar os resultados que merece o PPdeG, que é a primeira forza política na nosa comunidade.
Nesta liña, indicou que traballan no deseño dunha campaña que vai vir marcada polo clima xa que non é mesmo facer unhas eleccións en decembro que en xuño, podendo aproveitar as posibilidades climatolóxicas para sacar a campaña á rúa.
Apuntou que os populares explicarán nestes comicios cal é o seu proxecto de futuro para o país e cales son os riscos que corre España se cae en mans dun partido como Podemos ou dunha coalición -necesaria para evitar que goberne o PP- que estaría formada polo partido de Pablo Iglesias, o PSOE e partidos separatistas e da esquerda máis radical.
O PP fará unha campaña moi en positivo, ao tempo que explicaba que non ten sentido entrar na estratexia de crispación que leva a cabo a oposición e que apelarán á razón e a criterios obxectivos que demostran que o mellor para o noso país é que continúe habendo en España un Goberno do PP.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que te lo has creído
Como siempre, tarde, mal y arrastro.

Anónimo dijo...

Siempre dicen lo mismo y ni siquiera el día de las elecciones se acercan a saludar a los apoderados. Tienen mucho que hacer. Algunos no han pisado otra cosa que no sea moqueta en toda su vida. Viven para la moqueta.