martes, mayo 10, 2016

AS TUAS ORDES

O novo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, revelou como Feijóo, lle transladou o ofrecemento de substituír a Rueda como número dous do partido: "Recibo unha chamada do presidente pasadas as doce da noite, recibín a encomenda e o que lle dixen foi 'ás túas ordes'". Así o contou nas súas primeiras entrevistas concedidas á Radio Galega e á Televisión de Galicia, onde aproveitou para apuntar como logo de darlle a nova, Feijóo lembroulle que tiña dous retos: as eleccións xerais de xuño e preparar unha campaña electoral para as eleccións autonómicas do outono.
Tras recoñecer tamén que foi unha auténtica sorpresa e que non agardaba ser o elixido, asegurou que é unha honra e un orgullo que o presidente pensara nel para substituír a Rueda, ao que consideraba insubstituíble e que deixou o listón moi alto.Segundo dixo, asume o cargo con ilusión e responsabilidade: “é un reto porque somos o primeiro de Galicia, a maioría dos galegos confían en nós para xestionar o seu futuro e temos 100.000 afiliados. Agardo estar a altura da confianza do presidente e de todos eses militantes aos que non lles podemos fallar”. Así mesmo, admitiu que é un traballador máis dentro do proxecto do partido, ao que cualificou como un é un grande equipo.

Xa no que se refire ás vindeiras eleccións autonómicas, Tellado advertiu que hai dúas alternativas: “ou un goberno sólido, unido, único do Partido Popular con Alberto Núñez Feijóo ao fronte, ou unha amalgama de partidos que só teñen unha cousa en común: que non queren que goberne o PPdeG. Nós o que queremos é darlle a Galicia estabilidade".Tal e como dixo onte Feijóo, o novo secretario xeral do PPdeG asegurou que teñen tres prioridades: “Galicia, Galicia e Galicia”, ao tempo que manifestaba que non lle poden fallar nin á comunidade, ni aos afiliados, nin aos simpatizantes, nin á maioría dos galegos.
“Temos entrado nun período no conxunto do Estado no que as maiorías absolutas non existen, son algo excepcional e que consideramos un valor engadido”, afirmaba á vez que salientaba que a estabilidade política de Galicia é a que permite estabilidade institucional, crecemento económico e -o que considera máis importante- crear emprego.“Vemos como en distintas cidades de Galicia onde non hai maioría, hai desgoberno”, afirmou facendo referencia a Ferrol, A Coruña e Santiago, ademais de insistir en que os populares queren un goberno centrado nos problemas da xente e non do propio goberno.
Do mesmo xeito, Tellado declaraba que, pese a que aínda quedan cousas por facer, “hoxe hai esperanza e futuro cando antes só había crise económica, desemprego e inestabilidade. Por iso queremos camiñar cara diante e non volver cara atrás”. "A nova dirección dos populares galegos é un equipo renovado. Feijóo tirou da canteira do partido para buscar xente que estamos nesa xeración dos 40 anos. E creo que iso é un pouco a clave do éxito do PPdeG. Moitos dicían no 2006 que coa marcha de Manuel Fraga o PPdeG non tería futuro”, indicou. Así mesmo, apuntou que a clave de éxito do presidente Feijóo foi a renovación permanente que levan acometendo nos últimos dez anos. “Eu creo que esa renovación é a que sitúa ao PP con posibilidades certas de repetir unha terceira maioría absoluta", concluíu.
De feito, o 44,6% dos membros do novo Comité Executivo debutan neste cargo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Simple carnaza e lercheo para consolar e manter entretidos os trolls a soldo do vello. Soñan, fantasían e fan cábalas co retorno á situación política anterior a 2012, e como ese acontecer antidialéctico non se vai dar, continuarán frustrados, doentes e histéricos. Coitadiños.

Anónimo dijo...

Yo, ni nadie que conozco, estará a las órdenes de este ex rojo de Radio Fene: nos acordamos de ti

Anónimo dijo...

Dorado debe estar de luto...