jueves, mayo 26, 2016

APOIO DO PP A PESCA COSTEIRA ARTESANAL

O Pleno do Parlamento de Galicia vén de aprobar, co único voto favorable do Partido Popular e o voto en contra de PSOE, BNG, AGE e Grupo Mixto, unha proposición non de lei na que insta ao Goberno galego a desenvolver o plan de acción deseñado pola Consellería do Mar en apoio da pesca costeira artesanal.
O voceiro popular de Pesca, Jose Manuel Balseiro, lembra que “o obxectivo desta iniciativa é impulsar un catálogo con seis medidas específicas dirixidas a mellorar a competitividade da flota de baixura e as condicións de traballo dos seus profesionais”..
Balseiro lembrou que “falamos dun segmento da flota que, xunto co marisqueo a pé, ten en Galicia unha relevancia social e económica de primeira orde” e fixo referencia aos últimos datos oficiais nos que se recolle que este sector representa o 85 por cento do total do número de buques, con entorno ás 3.871 unidades..
Os portavoz popular foi máis aló e destacou o xeito de financiar este programa, en concreto, a través das oportunidades que achegan os recursos procedentes do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP). Así, sinalou que Galicia recibirá máis da metade dos fondos dirixidos ás comunidades autónomas españolas (o 51 por cento) por un montante de 487 millóns de euros.

No hay comentarios: