martes, mayo 10, 2016

A XUNTA DISTRIBUIRA O SUPERAVIT DE RESPONSABILIDADE

Feijóo avanzou  no Pleno da Cámara que a Xunta empezará a distribuír, xa no vindeiro Consello, o superávit de responsabilidade pensando no futuro de Galicia: “dos nenos, da educación, da sanidade e do país”. “Deixamos unha Galicia estable, con confianza e con certezas porque hoxe temos máis recursos adicionais e máis futuro”, recoñeceu, incidindo en que cumprir o déficit público permitirá á Comunidade seguir investindo na mellora dos servizos públicos e incrementar a sanidade, a atención á dependencia, os servizos sociais e a educación.
Nesta liña, Feijóo resaltou que o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, presentado na Cámara polo conselleiro de Facenda, pon de manifesto que “Galicia deixa escrita a súa política económica ata 2020 e que contou cunha política económica desde 2009 ata 2016”.
“Os resultados da nosa política económica é que na Comunidade galega estamos crecendo: baixa o paro e increméntanse as afiliacións á Seguridade Social, soben as exportacións, a produción industrial, a confianza dos consumidores e baixan os impostos”, abundou, subliñando que se no primeiro trimestre de 2013 a EPA falaba de 287.000 parados, agora hai 60.000 menos; e se as afiliacións á Seguridade Social eran de 908.000 persoas, hoxe hai 34.500 afiliados máis.
Sobre este punto, destacou ademais que o 75% dos asalariados en Galicia teñen emprego indefinido. “O contrato indefinido subiu no último ano en máis de 6.800 persoas e os contratos a tempo completo en 48.000”, explicou, subliñando que a taxa de paro en Andalucía é 10 puntos maior que a de Galicia; en Extremadura é 9,9 puntos, en Castilla- La Mancha, 7,3 puntos e en Comunidad Valenciana, case 4 puntos máis que na Comunidade galega.

No hay comentarios: