jueves, mayo 19, 2016

A CLAVE ESTA EN AUMENTAR O VOTO URBANO

Tras reunirse con representantes do PP das cidades galegas e dos concellos de máis de 30.000 habitantes, Miguel Tellado explicou que o PP pretende  desenmascarar a nula xestión das Mareas, para o que intensificarán a coordinación e establecerán canles de comunicación nos distintos ámbitos do partido, aproveitando sinerxías para poñer en común información do que ocorre nestes municipios.
O obxectivo do PPdeG de cara ás vindeiras eleccións xerais é explicarlle á cidadanía o traballo que fixo o PP e o que non están facendo as Mareas, cuxa xestión “é unha fochanca en si mesma”.
O que se  pretende é trasladar esta información ao conxunto da sociedade galega, xa que o obxectivo é aumentar o voto urbano e, agora que a xente xa coñece a xestión das Mareas, cren que baixarán os seus apoios.
Segundo comentou, a 40 días das eleccións xerais, a cidadanía coñecerá moito mellor a todas as alternativas políticas do que as coñecía o pasado 20-D.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tarde piaches

Anónimo dijo...

Uno puede saber de quién es esta página por los comentarios que no se publican a pesar de envíarlos tres veces.