miércoles, mayo 04, 2016

400.000 INCOERENCIAS DE PEREZ JACOME

En resposta ás críticas de Democracia Ourensana sobre a viaxe oficial de Manuel Baltar, aos Estados Unidos, Jorge Pumar dixo que "En política non vale todo e o deputado Pérez Jácome fixo un noxento exercicio de demagoxia facendo unha denuncia contra a Deputación que, na realidade, o único que fai é poñer en entredito o traballo dunha axencia de viaxes ourensá”.
Pumar reclamou coherencia e veracidade ao deputado Jácome, "pois esquécese ao falar de cartos públicos que nos últimos anos recibiu máis de 400.000 euros da Deputación para as súas empresas, cando hai outras moitas do sector no país, e sen embargo atrévese a sembrar malvadas dúbidas sobre o traballo que realiza outra empresa ourensá de recoñecida solvencia e prestixio”.
O deputado popular pon de relevo a torticera interpretación que fai Pérez Jácome do custe da viaxe do presidente da institución a Estados Unidos, custe que se pode ver claramente non só no apartado de transparencia da web da Deputación, senón tamén no apartado no que o goberno resposta ás preguntas dos grupos políticos.
Uns gastos, explica, de 1.794,20 euros por un billete de ida e volta en avión en clase turista e outros 1.326,27 euros pola estancia en Nova York e Washington, traslados en tren, taxi e visados, “e non só en hoteis como mestura e simplifica con mala fe o voceiro de Democracia Ourensana”.
Un prezo bastante axustado para unha soa persoa, engadiu, “tendo en conta que se pechou con moi poucos días de antelación ao ter a posibilidade o presidente de se entrevistar co secretario de Estado para Euro Asia”.
Nesta liña, abondou, o gasto é de conformidade coa partida de protocolo habilitada para a presidencia e a cantidade investida nesta viaxe “é ínfima en comparación cos resultados que se poden obter da misión”.
“Ogallá fixera Jácome un exercicio de coherencia publicando no apartado da web da Deputación reservado aos grupos políticos en que gasta o diñeiro público que recibe Democracia Ourensana, cando resulta que este apartado da web está totalmente valeiro”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que investiguen a Viajes Piña.

Cualquiera puede conseguir viajes a Nueva York, EN TEMPORADA ALTA, por precios mucho más económicos que el que pagó Baltar. Por no hablar de los hoteles. Sólo hay que entrar en cualquier buscador de hoteles para comprobarlo.