jueves, mayo 05, 2016

30 MESES CONSECUTIVOS DE DESCENSO INTERANUAL DO DESEMPREGO

Miguel Tellado, salientou que, coa baixada de 3.644 parados rexistrada no mes de abril en Galicia, “a nosa Comunidade acumula 30 meses consecutivos de descenso interanual do desemprego, o que nos permite situarnos na actualidade con menor número de parados que hai seis anos”.
Tellado afirmou que “a senda de recuperación da nosa economía e a estabilidade política que vivimos en Galicia permiten que mes a mes se acumulen as baixadas de desempregados na nosa Comunidade, chegando xa aos 16.608 parados menos que hai un ano, o que representa un descenso do 6,79 por cento”.
“Todo o que supoña reducir o número de persoas inscritas nas oficinas de emprego supón unha satisfacción para o Partido Popular, pero somos conscientes de que aínda quedan moitas persoas que desexan traballar e para os que seguiremos adoptando medidas e incrementando os esforzos para que poidan cumprir o seu obxectivo de acceder ao mercado laboral”.

No hay comentarios: