martes, abril 12, 2016

VOTAR A CIUDADANOS E FACER PRESIDENTE A UN SOCIALISTA

“Votar a Ciudadanos pode provocar que fagan presidente a un socialista”, asi de claro mostrouse Alfonso Rueda ao tempo que afirmaba que o único que asegura que goberne o PP é votar directamente polos populares na Radio Galega.
Ciudadanos, pese a levar tempo en Galicia, “non ten estrutura, non se coñecen ás persoas e non ten implantación na nosa comunidade”. Ademais, recordou que a nivel nacional incumpriron unha por unha as súas afirmacións como que non apoiarían a candidatos que non foran o gañador ou que non pactarían co PSOE.
Nesta liña lembrou que houbo moitos gobernos que o pasado mes de xuño se formaron co único nexo de que non gobernara o PP e, pasados os meses, xa se ve que non funcionan. “Alí non goberna ninguén, peléxanse entre eles, non se falan, só hai desgoberno”, engadía.

1 comentario:

Anónimo dijo...

e vos que sodes? comunistas? seguide tomandolle o pela a xente que así vos vai.