miércoles, abril 27, 2016

TAXAS UNIVERSITARIAS CONXELADAS PARA O VINDEIRO CURSO

O Goberno galego vén de conxelar, por cuarto ano consecutivo, as taxas universitarias para o vindeiro curso, o que supón un aforro anual de 25 millóns de euros para as familias galegas. Con esta decisión, reforzamos o noso compromiso coa igualdade de oportunidades e coa equidade no acceso aos estudos universitarios, e Galicia ratifica a súa posición como a comunidade autónoma cos prezos universitarios máis baixos de toda España para o curso 2016-2017.

No hay comentarios: