jueves, abril 14, 2016

O SOCIAL COMPROMISO DA XUNTA ANTE A FEGAMP

José Manuel Rey Varela mantivo onte unha reunión cos responsables da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para ultimar a nova axenda social de Galicia. Rey Varela asegurou que este novo documento debe estar baseado na “cooperación e no compromiso de todas as administracións en Galicia”. “A coordinación e a implicación de todos e todas é fundamental para tecer unha gran rede de apoio que nos permita combater a exclusión social de moitos colectivos e, moi especialmente, dos máis vulnerables”.
A Xunta de Galicia e a Fegamp, en nome de todos os concellos e as deputacións de Galicia, estudan este documento no que se sumarán os esforzos das administracións públicas, medios de comunicación e demais axentes sociais. Neste sentido, Rey Varela situou a loita contra a pobreza e a exclusión social como “un dos obxectivos principais da Administración galega”, un problema que, dixo, “afecta en Galicia a máis de 600.000 persoas”.
Dentro das medidas levadas a cabo polo Goberno galego para erradicar a exclusión social en Galicia destaca a Estratexia Galega de Inclusión Social (EIS Galicia 2014-2020) que integra prioridades de coordinación e cooperación coas corporacións locais, as entidades de iniciativa social e outros axentes que operan no territorio a favor da inclusión social das persoas.

No hay comentarios: