miércoles, abril 13, 2016

O PSOE ENCONTRA DAS FUSIONS DOS CONCELLOS

Jacobo Moreira criticou onte que o Grupo Socialista rexeitara no Parlamento un acordo conxunto a través do que se insta á coordinación entre a Xunta de Galicia e ás Deputacións Provinciais galegas para a promoción dos procesos de fusión voluntaria de concellos galegos, así como a promover a sinatura de convenios coas universidades galegas para a emisión de informes e estudos técnicos que faciliten unha mellor valoración da conveniencia e viabilidade dos municipios interesados en fusionarse.
Jacobo Moreira rexeitou que o proceso de fusión dos concellos parta dunha imposición, polo que avogou por “deixar a iniciativa aos concellos no exercicio da súa autonomía local, incentivando a aqueles que decidan dar o paso de fusionarse”. “A dispensa de prestación de novos servizos mínimos obrigatorios; a preferencia á hora de optar a subvencións e convenios durante os cinco anos posteriores á fusión; e o acceso como beneficiario ao fondo especial para fusións creado pola Xunta, dotado este ano de 2,2 millóns de euros, son algúns dos exemplos dos beneficios que as fusións representan para os veciños dos concellos fusionados”.
No caso concreto de Cotobade e Cerdedo, o deputado popular salientou que “esta fusión permitiralle ter ingresos adicionais que alcanzan os 1,5 millóns de euros nunha lexislatura, ademais dun menor custo burocrático ao contar cunha única corporación municipal e os aforros que suporá a contratación conxunta de servizos e subministros”. Así mesmo, engadiu que o futuro concello fusionado verá incrementado o coeficiente de ponderación para calcular a participación nos ingresos do Estado. 

Moreira lamentou que o PSOE “siga sen definir se están a favor ou en contra das fusións”. Neste sentido, recordou que “o mesmo día que cualificaron de fantochada de Feijóo a fusión de Cotobade e Cerdedo, o PSOE asinaba con Ciudadanos un acordo polo que se comprometían a fomentar a racionalización das entidades locais, promovendo as fusións voluntarias”.
O deputado popular tamén criticou que “a postura da Deputación de Pontevedra contribúe a xerar dúbidas sobre o criterio do PSOE, logo de que a súa Presidenta siga sen recibir aos alcaldes de Cotobade e de Cerdedo para expoñerlle o seu acordo de fusión, pero si ten tempo para recibir a unha plataforma constituída para opoñerse á fusión”. “A Presidenta dicía que tería abertas as portas da Deputación, pero estes alcaldes recibiron un portazo”, indicou.

No hay comentarios: