domingo, abril 10, 2016

O PPOU PIDE A DIMISION DO VOCEIRO SOCIALISTA NA DEPUTACIÓN

O PP de Ourense presentou unha moción na Deputación esixindo a dimisión e pide a reprobación do deputado e voceiro socialista, Ignacio Gómez, “quen deixou de lado as máis elementais regras do xogo político e democrático, amosando que só comprende a política desde o insulto, desde a falta de respecto, a descortesía, a demagoxia, a infamia e máis a mentira”, dixo esta mañá en rolda de prensa a deputada popular Monserrat Lama.
Esta iniciativa política é a resposta a unha forma de “facer política coa mentira nunha cámara de representación pública, o que é unha gravísima falta de respecto aos seus membros e un insulto á cidadanía; unha actitude indigna que inhabilita o voceiro da oposición para calquera cargo de responsabilidade pública.
Monserrat Lama subliñou a capacidade de faltar á verdade amosada polo deputado socialista no último pleno “mentindo ata tres veces sen decoro algún”. Así lembrou que Ignacio Gómez mentiu cando negou que nunca estivera incurso nalgunha causa xudicial, “cando o certo é que, sen entrar no fondo do asunto, foi demandado xunto ao concello por un traballador do mesmo”. Tamén mentiu “cando acusou ao goberno provincial de impedir á presenza dunha deputada do PSOE no pleno por coincidir cunha sesión municipal no Concello de Ramirás e cando afirmou que o presidente da Deputación non responde por escrito ás preguntas formuladas pola oposición nos plenos”.

Todas estas afirmacións, dixo a deputada do PP, “non son gratuítas nin moito menos demagoxia, pois están respaldadas por documentos xudiciais, certificados de funcionarios e informes do departamento de Transparencia desta Deputación”. Lama salientou o casanzo dos populares diante do comportamento do voceiro socialista “cheo de insultos, descualificacións, de trato despectivo e mesmo poñendo nota ás nosas intervencións nos plenos”.
A deputada do PP engadiu que “Gómez xa superou todos os límites admisibles coa súa conduta ao non aforrar descualificacións aos deputados do grupo provincial do PP, ao menosprezar ao representante do PP no Concello de Ribadavia e mesmo ameazar aos empresarios ourensáns que van participar na misión comercial con Estados Unidos”.
De se aprobar esta moción, dixo Monserrat Lama, “trasladaremos o acordo ao Concello de Ribadava e aos grupos políticos desta corporación, así como ás entidades públicas e privadas de carácter cultural, social e económico deste municipio.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Montse, montse, ¿cuanto te pagan por hacer la pelota al jefe? tienes a un presidente de la Diputación procesado por cohecho en el feo asunto de trabajo por sexo en el hotel Francisco II, elegido por un proceso sucesorio en el que su papá, el organizador, fue condenado por sentencia judicial firme, y sales ahora con estas.