martes, abril 26, 2016

O PP PIDE RIGOR E SERIEDADE NO TEMA DA HEPATITE C

Pedro Puy demandou aos grupos da oposición “rigor e seriedade” á hora de falar sobre o tratamento dado aos enfermos de hepatite C en Galicia, polo que avogou porque o debate parlamentario “transcorra no sentido de que o Goberno dea as explicacións oportunas e a oposición formule as súas dúbidas como estime conveniente pero nunca denigrando o sistema galego de saúde”.
Pedro Puy lembrou que “estamos a falar dunha enfermidade mortal, da que nos últimos tempos houbo a posibilidade de mellorar e erradicar o virus coa entrada nos mercados sanitarios de fármacos que permiten esta sanación”. “A Xunta ten actuado coa máxima responsabilidade atendendo a todos aqueles que, de acordo co criterio médico e antes de que entrara en funcionamento o Plan Estratéxico de loita contra a hepatite C, foron demandados polos profesionais sanitarios”.
Porén, lamentou que “é a primeira vez que se están utilizando algunhas desgraciadas mortes que se producen por causa dunha enfermidade grave para cuestionar non só a existencia dun posible fallo que poida haber no funcionamento do sistema sanitario, senón ás políticas que a Xunta puxo enriba da mesa”. “Iso non é tolerable”

No hay comentarios: