viernes, abril 22, 2016

O PP DE LUGO PIDE UN PLAN PROVICIAL DE EMPREGO

O PP de Lugo pedirá no próximo Pleno da Deputación que se celebra o martes a posta en marcha dun plan provincial de reactivación e fomento do emprego dotado con 5 millóns de euros coa finalidade de promover a contratación por parte dos concellos de persoas desempregadas.
En concreto, Elena Candia, explica que se demanda que a Deputación de Lugo poña en marcha un plan provincial de reactivación e fomento do emprego para os concellos da provincia de Lugo, dirixido especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, é dicir, os menores de vinte mil habitantes destinado a promover a contratación de persoas desempregadas polos propios concellos beneficiarios, para a prestación de servizos municipais básicos, así como a realización e o mantemento de obras locais.
Pídese ademais que o reparto se realice atendendo aos mesmos criterios establecidos para o Plan de Obras e Servizos de competencia municipal e de estradas para o ano 2015. Así mesmo, solicítase que cada concello determine o número, o perfil profesional e os grupos de cotización dos desempregados que necesite contratar para cubrir as súas necesidades, así como que cada administración local leve a cabo a convocatoria, o proceso de selección e contratación dos traballadores desempregados.
Por último, o PP require que o equipo de goberno elabore e someta ao pleno a aprobación das bases que rexerán este plan provincial de reactivación e fomento do emprego.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Una estupidez digna del PSOE o del BNG. Como si los concellos estuvieran escasos de personal. Señores del PP: lo que tienen que proponer es:

1.Bajar tasas e impuestos al ciudadano, autónomo y pequeño empresario.
2.Resolver los expedientes cuanto antes para facilitar los trámites a quienes quieren trabajar o montar un pequeño negocio.