jueves, abril 07, 2016

O PP DE LUGO CREARA UNHA COMISIÓN PROVINCIAL DE TURISMO

Elena Candia vén de reunirse coa coordinadora de Turismo na executiva provincial, a quiroguesa Rosa Arza, de cara a avanzar na creación dunha Comisión Provincial de Turismo coa finalidade de darlle un pulo ao sector.
Este grupo nacerá coa finalidade de traballar a prol da promoción turística integral da provincia para o que deseñará a súa estratexia en colaboración directa e estreita con todos os representantes do sector.
O paso previo para a creación da Comisión Provincial de Turismo vai ser a convocatoria a semana próxima dunha reunión na que participarán, entre outros, membros da Asociación Provincial de Hostalería, do Consorcio da Ribeira Sacra e da Mancomunidade Lugo Casas Rurais.
Nesa primeira xuntanza Elena Candia explica que se avaliará a situación actual do turismo na provincia ao tempo que se recollerán as opinións, demandas e achegas dos operadores turísticos. A finalidade deste encontro é a de plasmar esas achegas nun documento de traballo que estableza as liñas estratéxicas de promoción turística provincial.
O PP botará man desa folla de ruta para, en contacto coas administracións competentes na materia e de acordo cos axentes implicados no sector turístico, revitalizar un dos principais polos económicos da provincia de Lugo.

No hay comentarios: