martes, abril 26, 2016

NOVO PRESIDENTE PROVINCIAL DE NN.XX. OURENSE

Novas Xeracións do PP de Ourense elixiu por unanimidade a José Antonio Parente Camino como novo presidente, no decurso do oitavo congreso provincial celebrado este fin de semana no centro cultural Marcos Valcárcel.  Parente Camino (Xinzo de Limia, 1989) é licenciado en Historia, presidente da organización limiá desde outubro de 2014 e membro do comité de dirección autonómico de Novas Xeracións desde o pasado mes de xaneiro.
No seu discurso, o novo líder dos mozos populares tivo palabras de recoñecemento para a presidenta saínte, Jackeline Fernández, á fronte da organización desde decembro de 2010. Tamén houbo agradecementos a Manuel Baltar, “por darnos moitos motivos polos que loitar e traballar por e para a nosa provincia”, ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, “ao que considero o meu pai político” e á “gran familia popular de Xinzo, na que me criei e que me axudou a ser o proxecto de político que son hoxe”.
José Antonio Parente comprometeuse a “loitar pola mocidade dos 92 concellos ourensáns, colaborando cos alcaldes e presidentes locais do partido”, ademáis de crear xuntas comarcais de NN.XX. que axuden na actividade da formación popular “para que a mocidade desta organización teña a forza e confianza que se merece”.
Para mobilizar á mocidade, Parente tamén anunciou a posta en marcha de campañas de afiliación “nas que animaremos aos mozos a formar parte deste partido, compartido as nosas inquedanzas políticas”, cunha referencia especial á presenza no ámbito universitario.
Do equipo que lle acompañará nesta nova etapa, Parente salientou a súa ilusión, forza e ganas de traballar, “un equipo que irá crecendo na medida que a familia de NN.XX. medre na provincia”.

No hay comentarios: