lunes, abril 18, 2016

NN.XX. PRESENTOU A CAMPAÑA #SegueOTePleno


Novas Xeracións de Galicia presentou a campaña #SegueOTeuPleno, no que solicitarán aos grandes concellos a emisión online dos plenos municipais.
Para isto, os presidentes/as de NN.XX. presentarán a petición por rexistro municipal e posteriormente trasladarán a proposta a través dunha moción ou rogo nos 11 dos 22 concellos de máis de 20.000 habitantes onde actualmente non se retransmiten os plenos en directo.
Segundo Diego Gago, “NN.XX. é consciente da exixencia e da necesidade por parte da cidadanía dunha maior transparencia no exercicio da actividade pública, polo que cremos que hoxe en día non hai xustificación económica nin técnica para non poder levalo a cabo”.
NN.XX. considera que “concellos coma o de Santiago, Ferrol ou Vigo teñen un suspenso en materia de Transparencia”. “Chama especialmente a atención o caso de Vigo, que é a única cidade das vinte máis poboadas de España que non permite aos cidadáns poder observar por vía telemática o que se debate nos plenos, máis cando o seu alcalde, é o presidente da FEMP”.
Ademais, Gago recordou que o desembolso económico da emisión non é moi elevado, en referencia ao Concello de Ourense, cuxa posta en marcha da medida ten un custo de 3.000€ anuais.

No hay comentarios: