jueves, abril 21, 2016

MOCIÓN EN DEFENSA DOS INTERESES DE SARRIA

O PP de Lugo presentou unha moción para o seu debate no Pleno do vindeiro martes na que demandan que a Deputación asine, con cargo aos Orzamentos de 2016 e da forma máis rápida posible, dous convenios co Concello de Sarria. Un deles para asumir o financiamento que lle corresponde ao Goberno local na execución das obras da Ponte Ribeira e un segundo para axudar ao financiamento da Residencia Nosa Señora do Carme.
José Antonio García explica que despois de dez meses de Goberno municipal no Concello de Sarria “coñecemos polos medios de comunicación que o Goberno local apoia o proxecto construtivo da Ponte Ribeira proposto pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil”.
García recorda que o proxecto, que conta cos preceptivos informes da propia Confederación e da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, foi no seu día paralizado por unha denuncia xudicial, “o que trouxo consigo a perda dos fondos públicos necesarios para a súa execución”.
Agora, precisa, a raíz do novo convenio asinado polo Concello de Sarria e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a execución das obras da ponte prevese a cofinanciación municipal, pero esta non é posible neste intre. Por iso, e xa que a Deputación Provincial de Lugo ven de aprobar inicialmente o Orzamento para o ano 2016, é polo que desde o Grupo Provincial Popular “consideramos oportuno a firma dun convenio entre o Concello de Sarria e a Deputación de Lugo a fin de que a institución provincial asuma a parte municipal de financiamento desta obra

No hay comentarios: