domingo, abril 17, 2016

MAIS DE 137 MILLONS PARA POLITICAS ACTIVAS DE EMPREGO

A Xunta vén de recibir do Estado máis de 137 millóns de euros para políticas activas de emprego, o que representa un 17% máis que o ano pasado. En concreto, Galicia contará con 24 millóns de euros máis que en 2015 para mellorar as oportunidades laborais das persoas desempregadas. Así o destacou hoxe o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ao remate da LXII Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais que se celebrou hoxe en Madrid.
O titular de Economía salientou a importancia destes fondos, xa que se destinan á mellora da empregabilidade dos galegos e galegas que máis dificultades teñen para atopar un posto de traballo. Conde lembrou que o reparto por Comunidades Autónomas realízase en base a dous criterios fundamentais: o peso relativo de cada rexión sobre o total de persoas sen emprego e o cumprimento de obxectivos das políticas de emprego por parte das comunidades. Neste senso, recalcou que “Galicia continúa na media”.
O conselleiro explicou, así mesmo, que Galicia destinará 8 millóns de euros en exclusivo para os desempregados de longa duración a través dun novo Plan de orientación que presentou hoxe o Goberno Central para este colectivo.

No hay comentarios: