lunes, abril 18, 2016

JESUS VAZQUEZ PRESIDENTE LOCAL DO PPOU

Jesús Vázquez foi elixido este fin de semana presidente do PP de Ourense Cidade no congreso local. A su candidatura recibiu o 94,34 % dos votos emitidos polos 217 compromisarios que participaron na votación.
Xa como presidente do PP local de Ourense, Jesús Vázquez comezou a súa intervención agradecendo o apoio recibido polos compromisarios e “aos meus presidentes por depositar en min toda a súa confianza”.
Vázquez dixo ser plenamente consciente de que deberá gañarse a proximidade e credibilidade da cidadanía, un reto no que asumiu a responsabilidade de dirixir pero como un militante máis. Neste contexto afirmou que se acabaron “os tempos do personalismo, do líder único responsable de erros ou acertos, do liderado indulxente, da distancia e o desapego á cidadanía e á organización”.
O presidente dos populares de Ourense Cidade avogou por conseguir que a cidadanía se corresponsabilice co proxecto do PP, “que participe nas nosas decisións e colabore nas nosas accións, que nos axude a situar Ourense no lugar que merece”.
Vazquez defendeu a necesidade de devolverlle a dignidade á actividade política, afastada das extravagancias e da corrupción, chamando a atención sobre o esgotamento e desmotivacións dos cidadáns.

Por iso, dixo, compre “volver acender o motor do noso partido na nosa cidade, rescatar os nosos principios e valores, reivindicar os nosos compromisos, asumir os nosos erros e poñer en valor os nosos acertos”. Para todo iso, engadiu, hai que aprender a escoitar, a dar respostas honestas e sinceiras, a manter contacto directo coa xente, abrir o partido á cidadanía e estar na rúa.
Jesús Vázquez definiu esta nova etapa como “un proxecto de corresponsabilidade, responsabilidade individual que asumo e responsabilidade colectiva que vos delego”. Un esforzo común, insistiu, que conta co respaldo dun partido ao que tamén ten que chegar a renovación, con espazos de debate, organizado e moderno e onde “non necesitamos unidade de pensamento, senón unidade de acción”
En clave municipal, subliñou nas súas palabras os logros alcanzados nos dez meses de goberno, “acadados grazas ao esforzo de todo o meu equipo e á inestimable colaboración coas outras administración”. Pero recoñeceu ser consciente de que non era dabondo, situando entre os seu primeiros obxectivos aos cidadáns máis desfavorecidos, comprometéndose a revitalizar o emprego na cidade e facilitar a inserción e conciliación laboral.
Apostou tamén por reforzar o atractivo turístico e cultural de Ourense, onde a muller teña protagonismo, os maiores atopen o seu espazo e os mozos “tomen partido no deseño dunha cidade que tamén é a súa”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Para troncharse con la última excursión de Baltar a costa del erario público:

Gonzalo Jácome (D.O.) ridiculiza a JM Baltar

https://www.youtube.com/watch?v=N_XAlz5riTw&feature=youtu.be