miércoles, abril 27, 2016

GALICIA, OS PRIMEIROS EN CONTAR CUNHA LEI DE ECONOMÍA SOCIAL

O Parlamento galego aprobou a Lei de Economía Social, que sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma en contar cunha normativa nesta materia. “Falamos de entidades que proporcionan empregos estables e de calidade, asegura a vinculación e permanencia no territorio e teñen demostrado ser máis resistentes á crise que as empresas baseadas na propiedade do capital”, asegurou  Maite Cancelo.
Na súa intervención, sinalou que se trata dunha lei que incorpora importantes novidades, como a ampliación de entidades no catálogo (as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común); a incorporación no Consello de Economía Social de representantes de entidades que xa traballan na promoción das mesmas, como a Fegamp ou as universidades; inclúe a economía social nos plans de estudos regrados; fai que estas entidades poidan opinar sobre as políticas activas de emprego e sobre os plans que dinamizarán ao sector; crea a figura da cooperativa xuvenil, con menores requisitos de capital para a súa constitución e menores trámites administrativos; simplifica os trámites para a constitución de calquera cooperativa, a través da realización de notificación rexistral por medios telemáticos; e incorpora as cláusulas sociais na contratación pública.
“Esta lei baséase na aprobada en España no ano 2011 e segue as recomendacións europeas establecidas a partir do informe do Consello Social Europeo, no que se sinala que, a pesar da importancia da economía social en Europa, que representa o 10 por cento do conxunto das empresas e o 6 por cento do emprego total, hai unha elevada invisibilidade institucional, polo que é necesario un recoñecemento no seu concepto na lexislación e nas políticas”.

No hay comentarios: