lunes, abril 25, 2016

GALEGUIDADE, CONVIVENCIA E INTEGRACION

Feijóo referiuse á galeguidade como a proba de que a convivencia e a integración do diferente é posible, “de que é posible e necesario mesturar costumes e formas de ser”. “O galego é español, europeo, americano”, dixo, ao que engadiu que Galicia nace como compendio de culturas, e Arxentina e Bos Aires crecen grazas á achega de culturas que se mesturan.
Durante a celebración da festividade Bos Aires Celebra Galicia, que tivo lugar na avenida de Maio da capital arxentina e na que a colectividade galega foi a principal protagonista, Feijóo afirmou que, se ben pode parecer que Galicia é unha rexión pequena, “se unimos todas as Galicias, contamos cunha terra vasta e variada. Chegamos a todas as partes do mundo conquistando corazóns e deixándonos conquistar”, facendo fincapé en que os galegos non están en Bos Aires; son tamén Bos Aires.
Así mesmo, lembrou que non necesitamos buscar fóra exemplos de recuperación porque, xunto ao seu lado tráxico, a emigración conseguiu demostrarnos a nós mesmos o que somos capaces; que sabemos traballar, emprender, cooperar, triunfar e levantarnos cando caemos.

No hay comentarios: