martes, abril 19, 2016

FEIJOO INAUGUROU O NOVO AUDITORIO DE LUGO

Feijóo afirmou  que co novo auditorio de Lugo se lle entrega aos lugueses o edificio que “demandaban, precisaban e merecían” e que modulará a vida cultural da cidade e da provincia. “Inaugurar este edificio non supón unha foto baleira, senón un acto de xustiza”, afirmou incidindo en que desde agora Lugo contará cunha infraestrutura cultural de primeiro nivel como as que xa gozan outras seis cidades galegas.
Durante un percorrido este mediodía polas instalacións do novo auditorio e centro cultural, o titular da Xunta subliñou que esta obra, cuxo investimento ascendeu a algo máis de 20 millóns de euros, proba o compromiso do Goberno galego coa cidade da muralla e coa provincia.

No hay comentarios: