viernes, abril 22, 2016

FEIJOO DE VISITA INSTITUCIONAL A ARXENTINA E URUGUAI

Feijóo avanzou no inicio da súa visita institucional a Arxentina e Uruguai, que será unha viaxe cun contido marcadamente cultural pero tamén económico, “porque imos seguir traballando para abrir a economía galega a Sudamérica”.
Nun primeiro termo, afirmou que o feito de que a 42 Feira Internacional do Libro de Bos Aires se dedique a Santiago de Compostela supón “motivo suficiente para estar aquí, acompañados de 27 escritores galegos que neste momento representan a vangarda da literatura e da poesía en galego; das editoriais; do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez”.
Por outra banda, Feijóo destacou tamén a audiencia que manterá co presidente de Arxentina, Mauricio Macri. Sobre este encontro, afirmou que este país está iniciando unha nova etapa económica e social. “Arxentina estase a abrir ao mundo, mandando seguridade xurídica”, precisou, destacando as novas posibilidades económicas que se abren para os empresarios galegos e tamén para os empresarios arxentinos que queiran entrar en Europa a través de Galicia.
Durante a súa estancia no país, saudará á colectividade galega e terá tamén ocasión de recibir por parte das autoridades locais e da Asamblea Lexislativa o título de Hóspede de Honra da cidade de Bos Aires. “E o sábadocelebraremos unha festividade moi importante chamada Bos Aires celebra Galicia, na que os galegos encherán as avenidas da cidade. Será unha festa galega no centro de Bos Aires, con gastronomía, turismo...”.

No hay comentarios: