lunes, abril 18, 2016

ESTABILIDADE, RESPONSABILIDADE E CONFIANZA OS VALORES DE GALICIA

Feijóo, apelou, durante a apertura da xornada Investors Day: Think in Galicia, á estabilidade, á
responsabilidade e á confianza como o maior valor co que Galicia conta actualmente para captar investimento estranxeiro.
Feijóo comezou a súa intervención agradecendo a asistencia e a participación nesta convocatoria dun significativo grupo de multinacionais e empresas consultoras, reiterando que o Goberno galego buscará sempre para Galicia: a estabilidade política e institucional, a responsabilidade na xestión do gasto e o investimento público, e a confianza de sabernos unha comunidade cumpridora e, polo tanto, fiable para os investimentos foráneos. “Imos seguir apostando pola economía produtiva e sabemos que para que haxa investimentos ten que haber estabilidade, confianza e un Goberno responsable na xestión do gasto público”, abondou.
Deste xeito, e nun primeiro termo, subliñou que a Comunidade galega fixo os deberes do déficit; e, grazas a elo, pode seguir investindo en mellorar os servizos públicos e está inmersa nun proceso de revitalización do seu tecido industrial a través da I+D+i e da internacionalización. Non en van, neste 2015, Galicia é a comunidade autónoma que máis investiu en porcentaxe de presuposto autonómico: 500 euros de media por habitante fronte aos preto de 260 euros por habitante da media das comunidades.
Nesta liña, e ante o feito de que España acabe de rebaixar a súa previsión de crecemento do 2,7% para este ano ao 2,4% en 2017, Feijóo asegurou que Galicia ten claro que quere manterse a marxe desta incerteza: “Galicia é un lugar seguro onde se pode investir, previsible, coas súas contas ordenadas e solvente. E seguiremos a traballar nesta liña”, sentenciou, ao que engadiu que “facémolo porque vemos que hai potencial e empresas que tomaron a decisión de seguir investindo en Galicia como: PSA Peugeot-Citröen, con novos modelos para a planta viguesa; Bosch, que emprega a máis de 2.000 persoas en Galicia; Snop Estampaciones, que investiu na construción dunha nova pranta en Nigrán; Mobgen, instalada na Coruña; e Indra e Inaer, que acaban de comprometerse co polo aeronáutico de Rozas”, precisou, a modo de exemplo.

No hay comentarios: