miércoles, abril 27, 2016

ELENA CANDIA PIDE A DIMISION DE DARIO CAMPOS

O PP de Lugo pide a dimisión do presidente socialista da Deputación de Lugo, Darío Campos, tras a sesión plenaria celebrada onte e na que quedou demostrado de novo que o socialista é “incapaz” de gobernar a institución lucense.  Elena Candia, explica que na Comisión Informativa do Plan de Obras e Servizos (POS) se chegou a unha proposta de consenso para sacar adiante tanto o POS como os orzamentos e que Campos “preferiu botar atrás na sesión plenaria, ante unha actitude de incoherencia absoluta”. É dicir, o acordo pasaba por aprobar nun pleno extraordinario os orzamentos e un plan de obras en condicións cuns criterios que, tal e como se falara na Comisión, tiñan o apoio unánime dos distintos grupos, polo que o presidente decidiu continuar coa mesma orde do día.
Os populares consideran que a provincia e todos os lucenses necesitan outro presidente provincial que sexa capaz de dialogar, chegar a un consenso e aprobar uns orzamentos “moi necesarios”. Segundo explica a popular para ter aprobados os orzamentos deben ter resoltas as reclamacións presentadas, un trámite que, segundo Candia, “entendemos bastante sinxelo porque reproducen o contido das emendas presentadas ás contas provinciais”

No hay comentarios: