viernes, abril 01, 2016

ELENA CANDIA DE RECORRIDO PRESIDENCIAL EN O CORGO

Elena Candia visitou onte acompañada polo alcalde de O Corgo, Jose Antonio Ferreiro, a praia fluvial da localidade na que, grazas ás xestións, do PP, se levarán a cabo as obras de construción dunha piscina municipal.
O rexedor agradeceu o traballo feito polo PP na Deputación de Lugo, tanto cando ocupou responsabilidades de Goberno como agora que garante que se lle vaia dar cumprimento aos convenios asinados baixo a presidencia de Elena Candia. Subliña a importancia dunha obra que considera “de calado” para o municipio e que permitirá mellorar o tempo de ocio dos veciños e veciñas e contar cun reclamo turístico novo.
Elena Candia afirmou que nos presupostos da Deputación hai partidas para todos os concellos da provincia melloradas grazas á negociación levada a cabo polo PP cos membros do bipartito. Así, grazas á capacidade de diálogo do PP lográronse incrementar os fondos para o Plan de Obras e Servizos e tamén para o Servizo de Axuda no Fogar.

A maiores, existen unha serie de concellos, como o de O Corgo, nos que se asinaron convenios durante a etapa da presidencia da Deputación do PP para compensar a falta de investimentos do bipartito dos últimos anos.
Elena Canda explicou que “era de xustiza equilibrar a eses concellos cos demais, posto que o PSOE e o BNG os tiñan esquecidos”.
Grazas á intervención do PP agora eses convenios contan con orzamento concreto e os presupostos de 2016 permitirán que reciban as contías comprometidas durante o Goberno presidido por Elena Candia.
Así, aínda que non son unhas contas plenamente satisfactorias, os populares evidencian que o seu traballo ten feito que sexan moito máis positivas para os concellos que as que o bipartito pretendía aprobar nun primeiro momento.
Polo tanto, todos os concellos da provincia recibirán máis diñeiro da Deputación para obras, servizos e axuda no fogar , entre outras partidas, grazas ao traballo levado a cabo polo PP.
O convenio subscrito entre Elena Candia e o rexedor en outubro ce 2015 recolle a construción dunha piscina municipal en O Corgo, para a que o concello xa dispón dos terreos. A institución provincial comprométese a efectuar a achega económica necesaria para executar as obras , mentres o Goberno local asume a confección do proxecto de execución

1 comentario:

Anónimo dijo...

NO LA QUEREMOS COMO PRESIDENTA EXIGUIMOS DIMISION EN CADENA DEL EQUIPO DE CANDIA