jueves, abril 07, 2016

COMENZOU A ORGANIZACIÓN DE XVI CONGRESO

O PPdeG deu comezo á organización do XVI Congreso co que o partido culminará o proceso de renovación iniciado hai sete meses coa súa ponencia política e que tivo continuidade en marzo coa celebración dos congresos provinciais.
Miguel Tellado compareceu en rolda de prensa trala constitución oficial da Comisión Organizadora do conclave anunciando que unha das determinacións acordadas é que os candidatos a presidir o partido poderán iniciar a súa campaña electoral no momento en que formalicen a súa candidatura. “Do que se trata é de fomentar a participación, que poidan recorrer Galicia para presentar o seu proxecto e facelo o máis dinámico posible”, dixo o portavoz.
Así mesmo,  asegurou que xa teñen repasado o cronograma do congreso convocado o pasado sábado pola Xunta directiva do PPdeG e que agora están no prazo aberto -ata o próximo 18 de abril- para que calquera afiliado poida presentar a súa candidatura, sendo preciso acompañala tan só de 90 firmas dos 100.000 afiliados que ten o partido. Ademais, Tellado avanzou que está xa aprobado o modelo para a recollida de sinaturas e que está dispoñible na web do partido.
Tamén apuntou que ían participar neste proceso 2.000 compromisarios, dos que 213 son membros natos -membros da Xunta directiva e da Comisión Organizadora do congreso-. No tocante á representación da emigración, o portavoz sinalou que será de 10 compromisarios e que os compromisarios electos serán un total de 1.777 distribuídos polas catro provincias -A Coruña terá 495, Lugo 278, Ourense 466, e Pontevedra 538-.
Tellado anunciou tamén que a vindeira semana reuniranse os equipos redactores dos dous manifestos que se lerán no conclave para comezar a traballar no balance do camiño percorrido en Galicia nos últimos anos e no que presentará un proxecto de futuro do que queda por percorrer.

Dese xeito, para o voceiro popular, “agora trátase de renovar a estrutura do PPdeG respondendo á demanda da cidadanía que pide partidos dinámicos, renovados e cos pes na rúa”.
Do mesmo modo, Tellado manifestaba que a renovación foi a clave do éxito do partido xa que no 2006, coa marcha de Manuel Fraga, moitos creron que remataba unha etapa e que o partido non volvería a ser o que era. “Afortunadamente soubemos demostrar que, coa renovación, o PPdeG podía seguir sendo o partido referente para a maioría dos galegos. Esa renovación do 2006 permitiunos recuperar a Xunta tan só tres anos despois e a de 2012 permitiunos seguir sendo o primeiro partido de Galicia”, engadiu.
Tal e como recoñeceu, agora xa non só pretenden seguir sendo a primeira forza da nosa comunidade senón seguir sustentando o Goberno galego “porque cremos que o PPdeG é a garantía da estabilidade política e institucional que supón que Galicia siga na senda do crecemento”, concluiu.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Toc Toc!! queda alguen ahí?

perdon,

Toc Toc!! queda alguen ahí, que sirva para algo?

Anónimo dijo...

esto es como un gran container que se van metiendo y tapando el container y cuando se llena se le echa cemento.-pero hay un orifico abajo que despues de los 20 años van saliendo los cadaveres y van prescribiendo, como por ejemplo la talidomida..Y la sentencia sale ahora.NO PASA NADA.-ni va a pasar.-Ahi faltan muchisimos y va todo para el olvido.O alguien cree que molt honorable va a ir a la carcel? jajajajaja es un pais de risa si no fuera patetico todo lo que estamos viendo y viviendo

Anónimo dijo...

Llueven recortes, abusos, corrupción, mentiras, expolios, tropelías varias¿ El diluvio cae sobre nuestras cabezas durante siete años y nosotros miramos al cielo resignados, sin hacer nada. Esperamos que llegue Romay Becaria con su varita mágica y nos solvente la vida por la que somos incapaces de luchar.

Anónimo dijo...

La foto parece la estantería del embutido del mercadona. Chorizos de menor o mayor catergoría, usted elige, pero son los mismos los de siempre