domingo, abril 24, 2016

COLABORACION GALICIA URUGUAY

Feijóo e o presidente da República Oriental do Uruguai, Tabaré Vázquez, avaliaron durante un encontro mantido na tarde de onte (22,00 horas en Galicia), novas posibilidades de colaboración entre Galicia e Uruguai, centrándose en sectores como as enerxías renovables para non depender do petróleo e dos seus derivados.
“Coincidimos en que non podemos ser cativos do petróleo e dos seus derivados e de que temos enerxía e capacidade instalada para ter enerxías renovables tanto hidráulica como eólica, fotovoltaica e biomasa. Sobre esta última, no caso de Galicia, que conta co 46% do total da masa forestal de España, estamos neste momento investindo en biomasa eléctrica e térmica”, dixo o titular da Xunta, recordando que tanto Uruguai como Galicia están a traballar para conseguir un modelo enerxético 100% renovable.
Así mesmo,Tabaré e Feijóo avaliaron máis polo miúdo as oportunidades da enerxía eólica mariña, sector no que Galicia está construíndo, neste momento, os principais parques de eólica mariña de Europa: tanto no referido a torres de 40 metros que van suxeitas ao fondo mariño, como torres flotantes de 3.000 toneladas de aceiro.

No hay comentarios: