viernes, abril 29, 2016

CASAS NIÑO GALEGAS O ESTILO ALEMAN OU SUIZO

Feijóo avanzou na rolda de prensa do Consello a aprobación da convocatoria de axudas que financiará a posta en marcha de casas niño no rural galego e contará cun importe de 19.600 euros ao ano por cada casa niño.
As que arranquen neste 2016 recibirán unha cantidade algo inferior, correspondente aos meses nos que estivesen funcionando efectivamente. Este servizo atenderá a nenos de entre tres meses e tres anos de idade nos concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia, unha situación na que se atopan 107 concellos.
“Poñemos en marcha as casas niño por primeira vez en Galicia, copiando a países como Alemaña, Suíza, Francia ou o Reino Unido, onde xa están funcionando”,  precisando que cada casa niño atenderá ata cinco cativos, con flexibilidade e seguindo as máis estritas normas de seguridade e calidade.
Cómpre salientar tamén que esta atención será gratuíta na modalidade diúrna e de luns a venres. Os pais poderán recorrer a ela un máximo de oito horas ao día nun horario flexible que se pactará co profesional.

No hay comentarios: