viernes, abril 29, 2016

AS TAXAS UNIVERSITARIAS MAIS BAIXAS DE ESPAÑA


Feijóo afirmou na rolda de prensa do Consello que conxelar as taxas universitarias por cuarto ano consecutivo permitirá ás familias con fillos na universidade un aforro de 25 millóns de euros. Polo tanto, “Galicia é a comunidade coas taxas universitarias máis reducidas de España nos últimos anos e Galicia seguirá sendo a comunidade onde sexa máis fácil estudar nas universidades tamén no vindeiro curso 2016-2017”.
Máis polo miúdo, precisou que, no caso dos graos universitarios, o prezo medio, por exemplo, das primeiras matrículas de grao –que representan preto dun 83% do total- mantense en 11,89 euros/crédito, o máis baixo de España fronte aos 33,52 euros de media doutras comunidades como Cataluña. “É dicir, o prezo medio das matrículas de grao é tres veces máis barato en Galicia que na media do resto das comunidades autónomas”, indicou o presidente. E no caso dos máster, os prezos son os máis baixos, cunha media de 26,49 euros fronte aos 65,87 euros/crédito de Cataluña ou os case 40 euros/crédito da media nacional. Por tanto, “máis ou menos, o grao é a metade máis barato en Galicia que no resto de España”.
Nesta liña, sinalou que no próximo curso as familias galegas volverán a aforrar 25 millóns de euros nas taxas e matrículas dos seus fillos. Sobre este aspecto, explicou que o aforro medio por familia será de case 400 euros ao ano, no caso de fillos estudantes de grao. Ese aforro chega aos 760 euros ao ano para unha familia cun fillo estudante de máster.
Desde unha perspectiva máis global, explicou que, tendo en conta os catro anos de duración dos graos, as familias galegas aforran uns 1.550 euros durante toda a traxectoria universitaria dos seus fillos; é dicir, o aforro total do conxunto das familias para toda Galicia durante eses catro anos elévase a 85,6 millóns de euros.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Siguen los rectores con chofer y coche oficial?