jueves, abril 21, 2016

ACTIVAR E MOVILZAR O PARTIDO

O auditorio municipal de Celanova acolleu un encontro dos afiliados e simpatizantes do PP ourensán con Feijoo, quen lanzou unha mensaxe aos presentes afirmando que o importante non vai ser o resultado do congreso autonómico de maio “senón que o partido saia reforzado e cun proxecto para Galicia que nos permita chegar ata o 2020 á fronte do goberno galego.
Feijóo repasou na súa intervenión os sete anos de goberno dende a Xunta, salientando que malia a recesión Galicia logrou situarse entre as comunidades máis solventes de España.
O presidente do PPdeG animou a “activar e mobilizar ao partido” para ser quen de sacar máis votos e escanos que as demais forzas políticas, aínda que advertiu que “non é fácil a tarefa, pois agora hai que gañar ás Mareas, a Podemos, a Ciudadanos, ao PSOE e o BNG, unha alternativa que non merece gobernar Galicia porque nin ten propostas e só liortas internas”.
Feijoo pediu o apoio para presidir o partido, “pero co obxectivo de ser tamén candidato á presidencia da Xunta de Galicia”, ofrecendo “un partido sólido cun proxecto político e non un proxecto persoal”. As dificultades, engadiu, forxan os grandes partidos e para o obxectivo que se marcou o presidente é fundamental, dixo, a experiencia.
A intervención do presidente do PPdeG foi precedida polas palabras de Manuel Baltar, quen agradeceu a Feijóo “todo o seu esforzo nestes sete anos e a súa aportación para facer un verdadeiro Partido Popular de Galicia”.
Baltar pediu a Feijóo que non perda o seu compromiso con Ourense, sinalando que “estamos orgullosos de un ourensán sexa o referente en Galicia e España, nun momento no que necesitamos liderados como o do noso presidente”. E subliñou que “somos o partido das persoas e dos proxectos e temos que celebrar que un ourensán opte a presidir este partido de novo”.

No hay comentarios: