miércoles, abril 27, 2016

ACTIVACION DOS CONCELLEIROS NA OPOSICION DO PPOU

O comité de voceiros do PP de Ourense iniciou unha nova rolda de contactos cos concelleiros populares que lideran a oposición municipal en 27 concellos da provincia, “co obxectivo de tomar o pulso á actualidade e necesidades destes municipios”, sinalou o secretario xeral do PP e presidente da comisión, Rosendo Fernández.
Fernández subliñou que o comité de voceiros é unha iniciativa do partido que ofrece “toda a colaboración e mailo asesoramento que precisan os concelleiros para o seu traballo político desde a oposición”. Neste sentido, engadiu, as reunións están a servir “para informar aos concelleiros dos mecanismos e ferramentas coas que conta o PP para facilitar o complexo labor de oposición”.
O secretario xeral do PP, a quen acompaña o secretario executivo de estudos e voceiro popular en Ribadavia, César Fernández Gil, percorreu xa en días pasados varias comarcas para reunirse cos representantes do partido en 12 concellos da provincia (Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Coles, Amoeiro, Maside, Carballiño, Castro Caldelas, Trives, San Xoán do Río, Parada do Sil e Manzaneda, ademais de Ribadavia xa representada por Fernández Gil).
En próximas datas o comité manterá reunións cos edís que lideran a oposición nos quince concellos restantes (Baños de Molgas, Allariz, Barbadás, Berán (entidade menor), Calvos de Randín, Castrelo do Val, Entrimo, A Mezquita, Petín, A Rúa, Sandiás, Verín, Viana do Bolo, Vilamartín e O Barco de Valdeorras.​

No hay comentarios: