sábado, abril 23, 2016

A VOLTA CICLISTA COMO PRESENTACIÓN DE GALICIA

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e o director de Unipublic, Javier Guillén, visitaron esta tarde o Balneario de Laias para asistir á gravación do spot oficial de La Vuelta Ciclista a España 2016.
A canción oficial desta nova edición, que servirá tamén de base para o spot de promoción do evento, estará interpretada pola cantante galega Marta Sánchez e contará coa participación de dous artistas galegos, Daniel Minimalia e Anxo Lorenzo e o humorista David Amor.
Durante a visita a directora de Turismo de Galicia sinalou que Marta Sánchez é a artista perfecta para poñer voz a esta nova edición de La Vuelta Ciclista xa que, ademais de contar con numerosos seguidores e un gran prestixio, tal e como avalan os seus trinta anos como artista e os máis de 8 millóns de discos vendidos, é unha recoñecida artista galega.
Así mesmo, Nava Castro destacou que a gravación do anuncio promocional se rodará integramente na Comunidade galega e a emisión do anuncio en Televisión Española estenderase entre os meses de xullo e setembro constituíndo, segundo sinalou, “unha importante carta de presentación de Galicia como destino a nivel nacional”.

No hay comentarios: