miércoles, abril 27, 2016

A OPOSICION DO PP DE LUGO SEGUE DANDO SEUS FRUTOS

O PP de Lugo conseguiu sacar adiante, pese ao voto en contra dos socialistas e dos nacionalistas, unha moción a través da que o equipo de goberno deberá presentar en pleno, unha vez aprobados os orzamentos da Deputación, as bases que rexerán un plan de reactivación de fomento do emprego por un importe de 5 millóns de euros.
En concreto, o PP pide que este plan se dirixa a concellos de menos de 20.000 habitantes, que os fondos se outorguen aos concellos en base aos mesmos criterios establecidos no Plan de Obras e Servizos do 2015 e que cada administración local determine o número, o perfil profesional e os grupos de cotización que necesite contratar, así como que sexan os Concellos os encargados de realizar o proceso de selección. Para Elena Candía “Os socialistas e os nacionalistas téñennos acostumados a facer política co diñeiro do emprego”, polo que, o PP quere “un verdadeiro plan, que se rexa por criterios obxectivos, e que respecte o principio de autonomía local”.
Candia lamenta que os socialistas e os nacionalistas non se sumasen a aprobación dunha proposta dirixida a responder ás necesidades dos veciños, pese ao ofrecemento da popular de chegar a un consenso e invitar ao goberno a que fixese as súas achegas para sacar adiante un plan en beneficio dos parados. Candia considera “moi grave” o desgoberno e a falta de entendemento dos socialistas e do seu presidente provincial que, unha vez máis, deu a súa conformidade previa aos criterios establecidos nesta moción durante as reunións mantidas antes do pleno pero que “á hora da verdade, decidiu votar en contra, instaurándose no seu desexo de buscar confrontación, intentar xerar unha imaxe de vitimismo irreal, evitando chegar a acordos”.
Ahora tense que agardar que o Goberno provincial acate o acordo plenario e poña en marcha o plan, xa que ata o de agora “téñenos acostumados a unha xestión ditatorial, que desatende o mandato deste órgano”.

No hay comentarios: