viernes, abril 15, 2016

A DEPUTACION DE OURENSE E UN REFERENTE DE XESTION E INNOVACION POLITICA

“A xestión das deputacións do PP ten unha meta que é a débeda cero e a Deputación de Ourense está entre as institucións máis saneadas de España, sendo un referente de xestión e innovación política”, dixo onte, Manuel Baltar, ao termo do acto organizado polo PP en Cuenca en defensa das deputacións. Unha cita na que recibiu a felicitación dos presidentes e portavoces do PP por situar á Deputación de Ourense á vangarda dos 45 executivos provinciais de España.
Manuel Baltar subliñou que o acto de onte referendou as iniciativas que o PP de Ourense vén adoptando desde hai meses en defensa dunhas institucións “imprescindibles para a supervivencia dos pequenos municipios, que vertebran o territorio e en particular as áreas rurais máis despoboadas e que achegan servizos esenciais aos concellos, abaratando custos”.
Iniciativas que tamén parten da propia Deputación, lembrou Baltar, “trasladando a entidades representativas como a FEMP a necesidade de garantir a continuidade dunhas institucións recoñecidas constitucionalmente e que agora outras organizacións políticas como o PSOE ou Cidadáns queren suprimir sen ningún tipo de criterio”.
“Eliminar as Deputacións -engadiu- non xeraría ningún aforro, pois as súas funcións terían que ser asumidas por outras institucións probablemente de nova creación e, o que é máis grave, deixaría sen servizos esenciais, só no caso de Ourense, a preto de 130.000 ourensáns que viven en pequenos concellos”.

Nesta mesma liña pronunciouse Mariano Rajoy, durante clausura do acto, subliñando que “o 96,08 % dos municipios españois teñen menos de 20.000 habitantes e sen as Deputacións os seus veciños terían un nivel de vida moi diferente”.
Rajoy definiu ao PP como “o partido das Deputacións porque é o partido de España”, engadindo que os populares seguirán traballando desde estas institucións para conseguir que os 15 millóns de españois que viven en zonas rurais “teñan os mesmos dereitos que quen vive en cidades, garantindo o principio de igualdade, evitando o despoboamento do medio rural e prestando servizos públicos fundamentais para que a xente poida vivir dignamente no rural”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Porntube emitirá os procesos selectivos da Deputación de Ourense.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28551-porntube-emitira-procesos-selectivos-deputacion-ourense