domingo, abril 03, 2016

270 PLAZAS PUBLICAS PARA ATENDER O AUTISMO

Feijóo durante unha visita ao centro de educación especial Coral Seoane en Ferrol, destacou a creación neste 2016 de 25 novas prazas en centros de atención a persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), a través dun investimento que ascende a 5 millóns de euros e que suma xa un total de 270 prazas públicas. “Queremos seguir acompañando o traballo que realizan asociacións como ASPANAES e centros coma este de Ferrol, para que os seus beneficios cheguen ao maior número de persoas posible”. 
Máis polo miúdo, Feijóo concretou que destas 25 novas prazas: 9 serán para o centro que ASPANAES ten no Concello das Pontes; 12 prazas concertadas no centro Castro Navás da Fundación Menela en Nigrán; e 4 máis para o centro de día da Asociación BATA en Vilagarcía de Arousa. E resaltou que con estas novas prazas, os centros de ASPANAES en Galicia disporán este ano: no Centro de Día Coral Seoane, de 46 prazas concertadas en 2016; o seu centro de día das Pontes pasará de 25 a 34 prazas públicas; no centro de día de Culleredo, de 23 prazas públicas; e no de Villestro, en Santiago, de 16 prazas en 2016.

No hay comentarios: