lunes, abril 11, 2016

2000 NOVAS PLAZAS PUBLICAS EN ESCOLAS INFANTIS

Feijóo destacou que a solvencia das contas públicas galegas permitirá establecer a infancia como obxectivo prioritario da Xunta, das súas políticas sociais e, en consecuencia, do seu orzamento para 2016. Nesta liña, avanzou a creación para o vindeiro curso de preto de 2.000 prazas públicas en escolas infantís de 0 a 3 anos, cun investimento total de 66 millóns de euros; o que supón un 9% máis de prazas públicas que en 2015.
Durante unha visita esta mañá ás instalacións da escola infantil A Galiña Azul de Fene-A Torre e á nova escola infantil de Fene-Barallobre, Feijóo precisou que 41 desas prazas estarán en Fene, “nesta gardería de Barallobre e que se sumarán ás 61 que xa xestionamos na Torre”, dixo, logo de subliñar que este municipio superará cunha ratio de máis do 40% as esixencias da Unión Europea.
Así mesmo, o responsable do Goberno galego avanzou que xunto con esta escola infantil tamén se abrirán outras seis en setembro: Marín-Seixo, Oza-Cesuras, Tomiño, Ames-Bertamiráns, A Coruña-Fao e Burela. E que ofrecerán un total de preto de 400 novas prazas.
Despois de subliñar que no vindeiro curso, coa creación destas 2.000 novas prazas, Galicia se converterá nunha das rexións da UE que goce dunha ratio de prazas por riba dos obxectivos da Unión Europea, “xa que se o obxectivo da UE é de 33 prazas por cada 100, nós chegaremos a unha ratio superior ao 37%”. Feijóo afirmou que neste obxectivo colaboran tamén os 166 centros dependentes da Xunta “nos que ofrecemos 9.700 prazas”, os 119 centros dos concellos “que contribuímos a financiar”, as 424 prazas subvencionadas nas garderías concertadas, e as escolas infantís que xestiona a iniciativa social.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Porque Rey no lleva el mandilon obligatorio para los alumnos de las escuelas infantiles?
Vale, perdón es el conselleiro, pensé que era un alumno.