martes, abril 12, 2016

200 NOVOS CONTRATOS PARA MOZOS INVESTIGADORES

Feijóo avanzou no Pleno do Parlamento que cumprir co déficit permitirá seguir apostando polo talento innovador, con 200 novos contratos para mozos galegos investigadores, e investir 120 millóns de euros para dotar Galicia de máis e mellores infraestruturas educativas públicas.
En resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, Feijóo precisou que no Consello da Xunta de mañá xoves, se aprobará unha achega de “120 millóns para facer –dixo- máis colexios e para mellorar os institutos, os centros de educación primaria e a formación profesional”. E subliñou tamén que o Goberno seguirá apostando polo talento galego a través de 200 novos contratos de mozos no ámbito da innovación, do desenvolvemento e da investigación neste mes de abril.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta garantiu o compromiso do Goberno galego coa Educación lembrando que na Comunidade hai máis profesores por alumno que no resto de España; as universidades son as máis asequibles do país; e Galicia conta con máis prazas de formación profesional que cando comezou a crise económica. “E para reter o talento aprobamos unha Lei de universidades e de innovación, unha Lei de emprendento, seguiremos co Programa Oportunius e presentamos á Unión Europea a Estratexia de especialización intelixente, dotada con 1.600 millóns de euros e que estamos a desenvolver”.

No hay comentarios: