miércoles, marzo 30, 2016

XUNTANZA CO PP DE BERGANTIÑOS

O PP da Coruña continua cos encontros de traballo mantidos cos alcaldes e portavoces populares neste caso da comarca de Bergantiños,  uns encontros que enmárcase dentro da nova política de participación que Diego Calvo quere instaurar no partido, e coa que pretende que “todos os afiliados escoiten o que queremos facer, nos digan que queren eles, se queixen cando haxa motivos e nos acheguen as súas propostas”.
Calvo pretende así que todos os militantes e simpatizantes do PP da Coruña teñan unha “opinión formada sobre calquera asunto de actualidade”. “Queremos contar con todos e cada un dos 30.000 afiliados que o partido ten na provincia e, para iso, somos conscientes de que debemos escoitalos e comunicar mellor para que a xente entenda e participe de todas as nosas decisións”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

e son os do retrato todos os que teñen en carballo , seria por a choiva , vaia por deus