sábado, marzo 19, 2016

XUNTA DIRECTIVA O 2 DE ABRIL

O Comité de Dirección do PPdeG acordou a celebración dunha Xunta Directiva para o vindeiro sábado, 2 de abril. Nesa reunión está previsto a convocatoria do Congreso galego do PP, do que sairá unha nova estrutura orgánica e, por suposto, a persoa que encabezará a lista dos populares de cara as próximas eleccións autonómicas.
Desa reunión sairá a data concreta do conclave, que en todo caso celebrarase na cidade de Ourense.
Na Xunta Directiva aprobarase, ademais, o Regulamento do Congreso, o cronograma e os prazos que regularán o mesmo, e os dez integrantes da Comisión organizadora.

No hay comentarios: