martes, marzo 08, 2016

UNIR E TRABALLAR

Elena Candía concedeu onte, unha curta e interesante, entrevista á TVG, ao programa Área Pública. No congreso do domingo, xa presentou a gran parte do seu equipo de confianza, no que terá un papel destacado Ramón Carballo, e citou tamén a Xullo Álvarez, Julia Rodríguez, José Manuel Rodríguez, Daniel Veiga, Enrique Rozas ou Antonio Basanta, entre outros. Pero non presentou o seu equipo ao completo, nin a distribución de responsabilidades do mesmo.
Na entrevista insistiu en que ela esta por "unir e traballar", nunha clara referencia á integración de parte substancial do equipo de Raquel Arias na nova dirección do PP de Lugo. Doutra banda, non deixo de repetir na entrevista que o seu é "un proxecto renovador en ideas e actitudes" e ofrecer "mais transparencia".

No hay comentarios: