viernes, marzo 04, 2016

UN CONGRESO PARA A CONCIENCIA E A LIBERDADE

O presidente do Comité Organizador, José Manuel Balseiro, da conta dos avais acadados polas dúas candidatas á presidencia do PP de Lugo, cuxo congreso se celebrará o vindeiro domingo. Unha vez analizados os avais, as candidatas serán dúas: Elena Candia e Raquel Arias. Elena Candia obtivo 508 avais, dos 584 presentados, mentres que Raquel Arias conseguiu 176 avais, dos 190 presentados. A cantidade mínima para concorrer ao congreso extraordinario do vindeiro domingo eran 155 avais.
Fora xa das contas dos compromisarios, Raquel Arias emitiu un comunicado no que subliña que o domingo ten que ser un día grande para o PP de Lugo, con independencia de quen ocupe a presidencia, e manifestou que o único que pide é que os compromisarios que acudan a votar "fágano en conciencia e con liberdade". "É necesario que o aire fresco co que, entre todos, logramos impregnar as sedes do noso partido mantéñase no tempo e permita enriquecer o proxecto político que compartimos".
Os encargados de clausurar o Congreso Provincial lucense serán, por esta orde, o presidente saínte José Manuel Barreiro. Despois será a quenda da presidenta electa e o peche co discurso de Feijóo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Quien puso la foto de la de las gafas la odiaba con toda su alma.

Anónimo dijo...

chafulladas del congreso del pp de lugo va haber mas votos delegados que xente

Anónimo dijo...

no hijo no, es ella así, incluso diría que sale favorecida xD. Tranquilos, un compromisario 1 voto, y muchos de ellos elegidos en urna., un ejercicio de democracia que a falta de otro mejor ( de momento) es lo más limpio que se puede encontrar. Lo lamentable son la falta de aceptar que la gente no está con Raquel ni con su equipo, recoge lo que ha sembrado estos años. El marrulleo de los que van a perder roza lo patético

Anónimo dijo...

Iravedra , nazario, damaso salvándose el culo con Elena . Veremos las listas de elecciones quien van