viernes, marzo 04, 2016

TODO LISTO PARA PROCLAMAR PRESIDENTE A MANUEL BALTAR

O novo equipo do PPOU terá a mente posta no 26 de maio de 2019, cando se celebren as próximas eleccións locais, co obxectivo de gobernar en todos os concellos da provincia. Manuel Baltar xa anunciou que Rosendo Fernández volverá estar no seu equipo como secretario xeral do partido, destacando o labor realizado nestes tres anos no mesmo cargo.
A cita de hoxe, subliñou o candidato, será a primeira de España e de Galicia e nela “pediremos aos compromisarios outros tres anos para seguir facendo máis partido, máis popular e máis Ourense”. Ademais de avanzar o nome do secretario xeral, Baltar asegurou que o equipo do partido que lle acompañará nesta nova etapa estará caracterizado pola continuidade da renovación, a delegación de funcións e a idade media máis nova de calquera comité. “Nestes seis anos, desde xaneiro de 2010 ata mañá, a renovación do comité executivo foi case absoluta alcanzando o 90 % e no novo equipo será do 33 %”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vergüenza de partido político que pone como único candidato a un tipo imputado por cohecho debido a unos hechos que ni siquiera ha negado, y con unas grabaciones en las que de su propia voz se oyen afirmaciones graves.