miércoles, marzo 09, 2016

TELLADO ENCANTADO CO PORTAL DA TRANSPARENCIA

Miguel Tellado puxo en valor que o Goberno galego reforce a súa aposta pola transparencia. Así se expresou o voceiro trala apertura do Portal de Transparencia e Goberno aberto que, coincidindo coa entrada en vigor da Lei de Transparencia e Bo Goberno, abriu a Xunta co obxectivo de que os cidadáns teñan unha lei plenamente efectiva e unha Administración á que poder acceder facilmente.
Tellado celebrou que a nosa comunidade conte agora cun Goberno aínda máis aberto, máis accesible e que está máis controlado por aqueles para os que está ao servizo: todos os galegos.
E é que, grazas a esta iniciativa facilitarase un acceso sinxelo e directo a contido que antes tamén se publicaba pero que estaba disperso, como pode ser a normativa en tramitación, os efectivos de persoal público e as retribucións ou os perfís e declaracións de actividades dos altos cargos.
Así mesmo, o Portal incorpora numerosa información inédita, da que é a primeira vez que se fai de acceso público na historia da autonomía. É o caso da relación dos bens inmobles propiedade da Xunta, a conta xeral da Comunidade, a información das viaxes dos altos cargos ou a información relativa aos liberados sindicais na Administración autonómica.
O portavoz quixo salientar que esta medida é unha mostra máis do compromiso da Xunta por achegarse á cidadanía e por facilitar, mediante este tipo de iniciativas, que a xente tamén se acerque máis ao Goberno cunha maior información e control sobre el.
Cómpre lembrar que, ademais, a Plataforma de Contratos publicará diariamente aqueles considerados menores que se asinen no día anterior.
Xa nos vindeiros días, cando comecen a asinarse convenios que estean baixo a vixencia desta lei, incorporaranse ao Portal facilitando por primeira vez o acceso ao texto completo do convenio.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pues si que tiene cara este tio ,¡¡¡¡nos habla el de trasparencia !!!!cristalino , si señor , el mismo que se decantop por un candidato para la provincial ¡¡¡¡¡clarito !!!! cocinero sin recetas , menos mal que ellos se lo guisan y ellos se lo comen

Anónimo dijo...

E aqui o novo secretario xeral do PP provincial na coruña, os do clan ferrol nasidos para mandar.

Anónimo dijo...

Un de Ferrol, e outro de Ferrol... e mais outro de Ferrol... e otro mais de Ferroliño... Para cando alguén de Santiago ou Coruña??

Anónimo dijo...

A los de coruña se los llevo la marea y los de santiago estan aun rezando en la catedral ferrol forever

Anónimo dijo...

Ir a la palabra VERGUENZA , esos son mis sentimientos hacia los personajes del PP en A Coruña