lunes, marzo 28, 2016

RUEDA REUNIUSE COS DIPUTADOS PROVINCIAIS

Alfonso Rueda mantivo a primeira reunión de traballo cos deputados provinciais do PP de Pontevedra. O obxectivo, ademais de valorar a actividade diaria do grupo, é estar perfectamente coordinados entre a sede provincial e os deputados para darlle unha óptica de partido á situación actual da institución provincial.
Alfonso Rueda subliñou que "aínda desde a oposición, o Partido Popular ten que cumprir un papel fundamental" na Deputación de Pontevedra. Así, recordou que os populares gañaron as eleccións e son o partido maioritario na institución provincial, e que representan á maior parte dos cidadáns. Por este motivo, entende que "o grupo popular debe seguir tendo propostas, seguir tendo obxectivos e seguir transmitindo que temos unha idea do que debe ser a nosa provincia, e os nosos deputados e deputadas a representan".
Sobre o actual goberno da Deputación, criticou que "a presidenta, que tanto dicía que ía abrir as portas e ventás da Deputación, non as pode ter máis pechadas". Nesta liña, recorda que os deputados populares tiveron que reclamar ante a Valedora do Pobo "a falta de democracia, cando non se da información, cando non se deixa un lugar para as roldas de prensa... todo aquilo que dicían, e que probablemente oculten unha falta de xestión bastante evidente".
Tamén criticou que "hai moitos aspectos de xestión que agora están paralizados". Así, di que "hai alcaldes e alcaldesas que recoñecen que hai cousas da Deputación que antes funcionaban ben e que agora directamente non funcionan".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que pena da Alfonso Rueda pero su equipo... Nidia Arevalo, Ángel Moldes, etc... después se preguntan porque la gente no los vota...

Anónimo dijo...

La rueda que siga, que siga...